LUZ, SOLO E AUGA, son as tres columnas sobre as que se levanta o complexo ecosistema das Fragas do Eume. Delas sérvense as plantas e as árbores para alimentarse e construir a súa propia estructura: troncos, follas, froitos... dos que despois se alimentarán os animais.
Atrévete a adentrarte nas Fragas. Descubre as súas cores, as súas reliquias de flora e fauna e as súas raices históricas. Será toda unha aventura.